Concurso «Vente cos Reis Magos». Concello de Vigo

concurso vente cos reis magos

Sus Majestades los Reyes Magos de oriente convocan a todas las niñas y niños de Vigo que hayan nacido entre el 1 de enero de 2007 y el 31 de diciembre de 2011 y que estén empadronados en Vigo para participar en el desfile de la próxima Cabalgata de Reyes.

Si te interesa, debes depositar tu solicitud de inscripción para el Concurso «Vente cos Reis Magos» en el REGISTRO del Concello y también telemáticamente en la web del Concello. Próximamente se anunciará la fecha de inicio que se prolongará hasta el 16 de diciembre.

El sorteo para la selección de las/los cuarenta acompañantes será el 20 de diciembre a las 12:00 horas en Ayuntamiento (Auditorio municipal). De ahí saldrán los 40 ganadores del concurso.

Antes de la cabalgata, el cartero Real visitarla las asociaciones vecinales y centros culturales de barrios y parroquias para recoger las cartas de los niños y niñas.

La Cabalgata de Reyes llenará la ciudad de ilusión el viernes 5 de enero desde las 18h. Dedicada a los «personajes y animales de cuentos e historias de la infancia» con un recorrido que parte desde la rotonda de Isaac Peral, sigue por Policarpo Sanz y termina en Porta do Sol, donde el alcalde entregará las llaves de la ciudad a sus majestades de oriente. Antes de este momento, visitarán a niñas y niños ingresados en hospitales y recibirán las últimas peticiones a las 12 horas en el Auditorio do Concello.

A la espera de publicarse oficialmente las bases del concurso para el 2020, estas son las bases del año 2019.

BASES DE PARTICIPACIÓN DO CONCURSO
“VENTE COS REIS MAGOS 2018-19”
(Aprobadas pola Xunta de Goberno local na súa sesión ordinaria do 7 de decembro do 2018 /
Publicadas o mesmo día)
1. O obxecto deste concurso é seleccionar a corenta nenas e nenos para acompañar os
Reis Magos, no desfile da Cabalgata de Reis, que terá lugar na nosa cidade o día 5 de
xaneiro de 2019, ademais de doce suplentes para cubrir as posibles baixas ou renuncias.
2. Neste concurso poderán participar todas/os nenas e nenos de Vigo que o desexen; a
única limitación por motivos de seguridade será a idade: só poderán participar aqueles
nacidos entre o 1 de xaneiro de 2006 e o 31 de decembro de 2010, ambos inclusive. Así
mesmo, as nenas e nenos seleccionados en edicións anteriores non poderán tomar parte
neste concurso, circunstancia que será verificada polo Servizo de Festas.
3. Para participar neste concurso, será necesario que o pai/nai/titor(a) cubra o Boletín de
inscrición e o presente no Rexistro xeral do Concello de Vigo, no Rexistro electrónico
municipal ou en calquera dos lugares previstos ao efecto no artigo 16.4 da Lei 39/2015,
de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. Só
se aceptará un boletín por nena/o.
4. Os interesados poderán recoller o Boletín de inscrición na Oficina de Información do
Concello de Vigo ou descargalo da páxina web municipal do Concello de Vigo
(www.vigo.org); así mesmo repartiranse exemplares destes Boletíns entre centros cívicos,
colexios e asociacións culturais.
5. O prazo de inscrición será desde o día seguinte ao da publicación, na páxina web
municipal, da aprobación das presentes Bases pola Xunta de Goberno local ata o día 15
de decembro de 2018.
6. A listaxe definitiva de admitidos co número de entrada no Rexistro farase pública na
páxina web municipal, a efectos de eventuais alegacións
7. O sorteo, que será público, realizarase o día 19 de decembro de 2018, ás 12:00 horas, no
vestíbulo do Auditorio municipal da Casa do Concello. A Mesa do sorteo constituirase cos
seguintes membros: Presidenta (concelleira delegada da Área de Festas e Turismo), dous
Vogais (funcionarios do Servizo de Festas) e Secretaria (xefa do Servizo de Festas).
8. O sorteo iniciarase dando conta do número de inscritos admitidos ao concurso. No caso de
que o número de inscritos fose igual ou inferior a corenta e estes estivesen debidamente
inscritos, non será necesario o sorteo, limitándose o acto a proclamar como seleccionados a
todos os inscritos.
9. O Servizo de Festas comunicará directamente a todos os seleccionados a resolución do
sorteo (e a súa participación no evento).
10. Os pais, nais ou titores das nenas e dos nenos seleccionados deberán, tras a
comunicación do Servizo de Festas, asinar a pertinente autorización e acreditar a idade e a
paternidade/maternidade/titoría (mediante a presentación do libro de familia) así como a
residencia no termo municipal (mediante volante de empadroamento).
ÁREA DE FESTAS E TURISMO
Os anteditos responsábeis deberán asinar a renuncia, no caso de non ser posible a
participación no evento.
11. O Concello de Vigo entregaralles ás nenas e aos nenos seleccionados un disfrace,
que devolverán unha vez finalizada a cabalgata nas mesmas condicións en que lle foran
entregados.
12. O Concello de Vigo disporá dunha póliza que cubra a responsabilidade civil polos danos
que as nenas ou nenos puidesen sufrir ou provocar con ocasión desta acción.
13. A concelleira de Festas queda facultada para resolver as posibles incidencias que
poidan xurdir no desenvolvemento deste concurso e que non estean previstas nestas
bases.
14. As bases de participación neste concurso publicitaranse a través de anuncio nos medios
de comunicación locais e estarán a disposición das/dos interesadas/os na oficina de
Información municipal, situada na lonxa da Casa do Concello, así como na páxina web
municipal.
15. Os datos das persoas solicitantes e os dos seus representantes serán incorporados
aos ficheiros municipais. A finalidade da súa recollida é a instrución do procedemento do
concurso “Vente cos Reis Magos”, obxecto das presentes bases; só serán solicitados
aqueles datos estritamente necesarios para a mencionada finalidade.
Os ditos datos serán tratados e protexidos de acordo co previsto no Regulamento da
Unión Europea 2016/679 (Regulamento xeral de protección de datos), de xeito que os
datos persoais sexan tratados garantindo os principios relativos ao seu tratamento así
como os dereitos dos interesados ao respecto, e demais normativa vixente na materia.
O responsábel do seu tratamento será o Servizo de Festas do Concello de Vigo.
En consecuencia, requirirase nos boletíns de inscrición o consentimento dos pais ou
titores dos menores para a súa participación neste concurso, que se dará de manifesto
coa súa autorización para a inscrición e para que os datos recollidos sexan tratados coa
finalidade prevista anteriormente.
16. O mero feito da inscrición para participar neste concurso supón a aceptación íntegra
das presentes bases, incluíndo a autorización para o uso de imaxes das/dos sorteadas/os
que se obteñan na via pública, durante o desfile da Cabalgata de Reis.

Sé la primera persona en comentar

Escribe una respuesta

Tu email no será publicado.


*


Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.