
“O TEMPO DA CIDADE” Obradoiro para nenas e nenos co artista Román Corbato
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS A EXPOSICIÓN “CUESTIÓN DE TEMPO”
+ Inscrición previa en participa.cultura@depo.es
En paralelo á exposición proponse un obradoiro destinado ao público infantil:
- Participantes: nenas e nenos de entre 6 e 12 anos (poden ir acompañados dunha persoa adulta).
- Número de participantes: mínimo de 6 nenas/os, máximo de 15.
- Datas: 3 de agosto.
- Horario: unha sesión de 3 horas en horario de mañá, de 10:30 a 13:30 h, cun descanso de 20 minutos a media mañá.
O obradoiro consistirá en analizar o paso do tempo no espazo público da cidade de Vigo. Para iso partirase da obra Berbés, da que se extrae este concepto a partir dunhas ruínas situadas na praza do Berbés. Constará das seguintes partes:
1.ª parte: introdución teórica ao traballo do artista, analizando e comentando o proceso de creación das obras da exposición.
2.ª parte: visita ás ruínas do Berbés; toma de datos (bosquexos e debuxos) e análises do lugar.
3.ª parte: traballo práctico das e dos participantes; a través de debuxos, bosquexos, frottages e doutras técnicas cada participante elaborará unha obra gráfica que relacione o lugar visitado coa idea do paso do tempo.
4.ª parte: posta en común dos traballos realizados.
Escribe una respuesta